A Rebusca de Manzaneda convídanos a participar nas I Agrolimpiadas do Macizo Central

Programa: 
Músicas e Letras

A Rebusca comezará ás nove e media da mañá do sábado cunha andaina pola Ruta da Devesa. Ás once Os Musarapas e Sonoros da Corcoba porán a primeira nota musical da xornada en forma de pasarrúas e ás doce do mediodía xogarase o I Campionato de Futebol-Chapa. Cé Orquestra Pantasma amenizará a sesión vermú.

Despois do xantar, ás tres, será a quenda do obradoiro para os máis cativos, xogos tradicionais, o campionato de bolos e as I Agrolimpiadas do Macizo Central que inclúen carreira de alpacas, carretillada, machetóns e canto rodado e lanzamento de forquita.

Ás sete da tarde Pés Ceibes representarán unha peza teatral de rúa e ás oito procederase á cea popular, ao prezo de dez euros, e que inclúe empanada, costela ao forno con patacas, chourizo criollo, bica e viño do Bibei. A Rebusca rematará coa actuación de novo de Cé Orquestra Pantasma, ao que seguirán Melech Mechaya, Farra Fanfarra, Os Tres Trebóns e Cuchufellos.