A riqueza gastronómica de Galicia

Programa: 
Comer en Galicia

Da preparación do fígado de rape en forma de paté resulta un petisco exquisito de gran suavidade, segundo Antonio Muíños, responsable da empresa conserveira. 

O produto tamén se comercializa mesturado con ourizo de mar, o que lle confire unha cor e textura moi atrativa, ata o punto de que o manxar xa penetrou nos mercados de Francia e Italia e está a piques de facelo nos Estados Unidos. O portavoz de Conservas Portomuíños coida que en Galicia temos tal riqueza gastronómica que mesmo o que estamos a desbotar tradicionalmente é dunha calidade excepcional, polo que cómpre prestarlle atención.