Séchu Sende, Ugia Pedreira e Carlos Taibo inauguran ATravés / Editora

Programa: 
Músicas e Letras

O volume inicial da colección ATravés / De Nós vai ser Sempre em Galiza de Castelao,un traballo monumental, segundo os responsables da editora, xa que se trata da primeira adaptación deste texto á ortografía histórica galego-portuguesa. Pola súa banda, Através / Da Lingua nace publicando a segunda edición do manual Do Ñ para o NH do presidente da AGAL, Valentim R. Fagim; e mais os artigos da Comisión Lingüística da AGAL Por um galego extenso e útil. Leituras da língua de aquém e de Além.

A nova editora está dirixida por Miguel Rodrigues Penas, vicepresidente da AGAL, para quen o obxectivo xeral é “tornar a área editorial da AGAL nunha editora de ámbito galego-portugués e amosar así que a vía reintegracionista é a mais válida e útil para marcar un patrón galego actual”. Rodrigues Penas consideran ademais que esta norma “permite explorar o camiño de operar nun mercado editorial maior e internacional”.

O presidente de AGAL explica que o propio nome da iniciativa indica xa “a firme vontade de atravesar a fronteira política e, por veces, tamén mental, que quere separar a Galiza do resto da Lusofonía”. Asegura que a vontade da asociación é “publicar en galego-portugués para os mercados de Portugal e Galiza, e se hai posibilidade, tamén para o Brasil, ou mesmo os países africanos de lingua oficial portuguesa”.

Os libros de ATravés / Editora distribuiranse a través das librarías e do portal web imperdivel.net.