A Safari Orquestra volve con “Ben deitei”, o seu disco máis feminino

Programa: 
Músicas e Letras

As letras de Ben deitei van desde reflexións de carácter social ou de actualidade ata textos máis íntimos ou persoais. Emilio López asegura que a voz da cantante Najla Shami achega sensacións suaves e contundentes ao tempo que reforza, con novas melodías e matices, temas como “Distancia”, “Visións” ou “Xirando”, e conseguindo que “Ninguén sabe” se transforme nunha canción escuramente deliciosa cando a letra é unha das máis duras do álbum.

O disco foi gravado nos estudios Abrigueiro (Friol) de Arturo Vaquero, ex-membro fundador da Safari Orquestra e contou coas colaboracións de Marcos Meléndez (Los Doré), que dá identidade propia ao tema “Habana”, e Moncho Rego ou Pablo Fernández, que poñen metais e arranxos en diferentes cancións do disco.