Se o din en galego, contádenolo en galego!

Programa: 
Músicas e Letras

O presidente da CTNL, Nel Vidal, explicou en Radiofusión que o punto de partida da campaña “é que vemos e sabemos que hai moita máis xentes e entidades que comunican a diario en galego, que fan actos en galego, que despois son reflictidads nos medios de comunicación escritos noutro idioma, en castelán”. Esta teimosía na tradución fai que, ao cabo, se estea a “deturpar parte da realidade porque non se está contando o que en verdade pasa”.

Os medios escritos adoitan xustificar as adaptacións das palabras galegas dicindo “quen non só van dirixidas as informacións para xente de aquí, pero non é real, porque son medios de ámbito galego que teñen o 99 por cento dos seus consumidores en xente galega”. “Sería unha falacia”, explica Nel Vidal.

Unha manchea de persoas relevantes da vida social galega que adoitan expresarse en galego nas súas intervencións públicas, xa apoian “Como cho digo!”. Entre eles están Manuel Rivas, Uxía, Fernando Vázquez, Verónica Boquete, Roi Casal, e un longo etcétera. Aquelas persoas e colectivos que queiran significarse tamén a prol do respecto nos medios galegos ás comunicacións na lingua propia, poden facelo a través da web comochodigo.eu.