Som do Galpóm comezan en abril a xira de presentación de “Em Terra de Ninguém”

Programa: 
Músicas e Letras

Grandío encargouse de asesorar a Som do Galpom na gravación e na produción, pero estes rapaces da Moniña (Ames) tamén realizaron un proceso de pre-produción nos estudos Muu de Vigo do baixista de Lamatumbá, Pedro Feijoo. Gael, vocalista e autor das letras de Em Terra de Ninguém, asegurou en Radiofusión que está encantado con este álbum e que se divertiron moito realizándoo. Tamén destaca o elaborado deseño gráfico que reivindica a volta ao orgánico, nesta era das máquinas.

O disco recolle temas xa coñecidos como “Na cama”, “Dende a Moninha” ou “Antes de pequeno” e outros novos como “Quedamos nesa praza”. En abril comezan a súa xira de presentación cun directo máis traballado e cualitativamente mellorado que os levará o 8, 9 e 10 de abril a Cataluña e xa a seguinte fin de semana á Mardi Grass da Coruña e á sala Babel de Lugo.