Superlópez e Spirou falan galego

Programa: 
Músicas e Letras

A aposta pola tradución de Spirou debeuse a unha filia persoal, segundo contou o responsable de Cerditos de Guinea a Radiofusiòn. “Foi o personaxe da banda deseñada franco-belga que máis me marcou desde pequeno”, explicou Gochi. A elección de Supérlopez, relatou o editor, debeuse a que “malia ser unha das series máis coñecidas do cómic español, non se traduciu nunca a ningún idioma”.

Mentres estes dous títulos saen do prelo, e editora prepara a segundo volume de Os cinco loitadores, que se publicará galego antes que en ningunha outra lingua do Estado. Cerditos de Guinea fai esta aposta despois da boa aceptación que tivo a edición da primeira das aventuras desta serie.