Todos os concertos da xira 2009 de Bruce Springsteen

Programa: 
Músicas e Letras

A nova xira de Bruce Springsteen incluirá concertos en Bilbao, Benidorm, Sevilla, Valladolid e Santiago de Compostela entre xullo e agosto para presentar o seu último traballo 'Working on a dream'.

Bruce Springsteen iniciará os seus concertos en EEUU e non chegará a España ata o 26 de xullo cando actuará no Estadio de San Mamés de Bilbao. O 28 de xullo tocarálle a quenda a Benidorm onde actuará no Estadio Municipal.

As dúas últimas citas serán en Sevilla no Estadio Olímpico da Cartuja o 30 de xullo, e Valladolid no Estadio José Zorrilla o 1 de agosto. A xira española pecharaa en Santiago de Compostela o 2 de agosto.

Bruce Springsteen puxo o pasado martes á venda en España o seu traballo Working on a dream. Inclue un CD con 13 cancións e un DVD con imaxes da grabación do album. Acompañan ao Boss a E Street Band, quen tamén actuará con Bruce na súa xira 2009.