Tracy Saunders reivindica nunha novela a figura de Prisciliano

Programa: 
Músicas e Letras

A novela transcorre da man de Miranda, quen abandona na actualidade o seu traballo como profesora de filosofía por non atopar respostas ás preguntas espirituais que lle axexan. No camiño coñece a Kieran, un irlandés decidido a non seguir coa súa carreira eclesiástica, quen, nun momento dado, afirma que a idea de que Santiago estea enterrado na catedral é probablemente un mito levado a cabo durante anos.

Ante as comparacións xurdidas entre a súa obra e O código Da Vinci, Saunders sinalou que "Dan Brown escribiu un thriller baseado na literatura que conseguiu con éxito escribir un bo libro, mentres a súa obra nunca intentou ser unha historia de misterio dese tipo, querendo mirar a aspectos máis espirituais do que a fe podería significar hoxe en día". Neste sentido, manifestou que "hai máis de Paolo Coelho que de Dan Brown no seu libro".

Saunders afirmou que na actualidade investiga sobre a construción da Catedral de Santiago, en particular sobre o primeiro Arzobispo Diego Gelmírez e conta coa intención de realizar o camiño pola vía de Portugal para seguir coas súas investigacións sobre Prisciliano.

Os feitos históricos

O denominado descubrimento do sepulcro de Santiago dátase no ano 813, durante o reinado de Afonso II o Casto. No lugar de Sanfiz de Solovio, un ermitaño e logo o bispo de Iria Teodomiro, descobren os restos dun pequeno edículo que identifican coa tumba de Santiago o maior. Para o historiador Ramón Villares, "con independencia da certeza ou non da presencia dos rstos do apóstolo no tal edículo, o máis importante a suliñas é a rapidez con que se difunde o culto xacobeo. E evidente que non se debe soamente a razóns relixiosas ou de devoción, senón directamente políticas".
Prisciliano chegou a ser bispo de Ávila, pero logo escapou para as Galias, onde foi perseguido e decapitado, en Tréveris, no ano 385.A súa interpretación rigorista da doctrina cristiana arraizou con rapidez en Gallaeciae, Lusitana e nas Galias. A Igrexa oficial tentou mediante diversos concilios (Zaragoza, 380, Toledo, 400) condenar a Prisciliano e facer abxurar da súa doctrina aos seus seguidores. Malia todo isto, o priscilianismo seguiu tendo adeptos durante moitos anos.

 

O feito indiscutible é que, pertenzan a quen pertenzan os restos da catedral,  a chamada do sepúlcro de Compostela desatou un movemento de masas inusitado, creou a palabra peregrino e sementou a noción de identidade europea.