Traxedia ferroviaria en Casteldefells (Barcelona)

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

O accidente produciuse sobre as 23.23 do mércores, en plena verbena de San Xoán, pouco despois de que o grupo, formado por preto dunha trintena de persoas, baixase dun convoi de proximidade e se dirixíse cara á praia cruzando as vías. Os corpos das 12 vítimas foron trasladados ao Instituto de Medicina Legal da Cidade da Xustiza de Barcelona, unha vez ordenado o levantamento dos cadáveres. Alí practicaránselles as autopsias. No momento en que cruzaban pasaba pola estación a toda velocidade o tren procedente de Alacant e con destino a Barcelona. Tras o atropelo, o tren seguiu a súa marcha aínda que se detivo uns metros despois. Os pasaxeiros, que resultaron ilesos, foron evacuados e trasladados a Barcelona en autocar. Todos os feridos teñen entre 16 e 26 anos, excepto unha muller de 45 anos. A verbena de San Juan é moi popular en Cataluña, onde se organizan especialmente festas con fogueiras nas praias. É o segundo accidente ferroviario máis grave en España nos últimos 30 anos, segundo indica na súa páxina de Internet o xornal El Pais.