ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A campaña promocional de Aída Alonso, Aíd na linguaxe hip-hop, afirma que “non é a típica rapeira”. Hai motivos para o eslogan. As súas miras abranguen máis aló dos ‘loops’ e o ‘scratch’. Na producción de El Puto Coke albíscase o gusto de Aíd polo funk, o jazz e o soul, asi como o respecto pola vella escola e o maxisterio dos maiores: Delasoul, Nas, Ice Cube ou Bustha Rhymes.
O primeiro disco de Aíd estará nas tendas o día 9 de febreiro e ten por título “Jugando”. Canda os ‘b-boys’ Inthecisos crew, presenta as súas rimas en galego e castelán o venres 13 na sala La Iguana da cidade olívica.