Troula na Banda convídanos ao Son Rías Baixas

Programa: 
Músicas e Letras

O festival celebra neste 2011 o seu décimo aniversario. Por este motivo, a organización quixo darlle un nome propio. De aí que, por primeira vez, se presente como Son Rías Baixas.

Troula na Banda tratará tamén de minimizar o impacto ambiental do festival e concienciar así ao público asistente. Algunha das propostas para cumprir este obxectivo pasa polo uso de vasos reutilizables, recollida selectiva de residuos, plantación de árbores, acampada ecolóxica ou transporte colectivo.

Son Rías Baixas inclúe zona de acampada e a entrada para asistir aos concertos custa dez euros.