Un buxo de 200 anos en Limodre

Programa: 
Zona Verde

O 21 de marzo celébrase o  Dia Forestal Mundial e  o 28 de xuño, dia da Arbore. A primeira das datas quizais goza de maior releve, ao coincidir en pleno curso escolar, mentras que a segunda das datas chega xa coas clases rematadas.

O Dia da Árbore celebrouse en Fene por primeira vez en 1914. Organizou daquela a plantación de árbores en Maniños, Perlío e Fene, a sociedade La Honradez Agrícola. Tamén en 1927 celebrouse a Festa da Arbore, organizada pola Sociedade de Amigos das Arbores na parroquia de Maniños.