Unha pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz

Programa: 
Club de lectura

Loly Lago, Angeles Durán, Mario López e Manuel Polo opinaron sobre o libro en Radio Fene. Cartas de inverno é un libro de Agustín Fernández Paz publicado en 1995 por Edicións Xerais. Nese mesmo ano gañou o Premio Rañolas de literatura infantil e xuvenil. En 2016 saíu do prelo a 35ª edición tras acadar a cifra de máis de 100.000 exemplares vendidos, fito que só acadou na ficción galega outra novela, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.