Vinte empresas aceptadas para o césped artificial de Maniños

Programa: 
A Bancada

Agora requírese ás empresas con ofertas económicas excesivamente baixas segundo o baremo da Deputación, para que xustifiquen esas cantidades e completen a documentación. Posteriormente informaránse tecnicamente as solicitudes e realizaráse unha clasificación da totalidade das propostas. Será o último paso antes da adxudicación da obra que conta cun orzamento licitado polo Concello de Fene en máis de 380.000 euros.