Xa son uns campións

Programa: 
A Bancada

Gañaron a Liga comarcal,despois de vencer no último partido ao Narón 3-0. Despois de estar durante case toda a tempada en primeira posición, resultou ser o equipo máis goleador e menos goleado. Ademais o seu porteiro Adrián Martinez Tornín xogara coa selección galega no Campeonato de España que se disputará en abril. A xunta directiva do Circulo de Fene séntese fachendosa dos case 100 nenos e nenas que participan da escola de futbol sala nas diferentes categorías. Felicitan ademais ao equipo de monitores que traballan dia a dia.