“A nosa filosofía é traballar sempre con produtores locais”.

Programa: 
Onda ODS

Bodegas Barral é unha empresa familiar que naceu en Betanzos. Manuel Domínguez é o neto do seu creador, o “avó Barral”. É a terceira xeración de Bodegas Barral que quere seguir mantendo viva a produción local e o comercio de proximidade.

Gastronomía de Galicia, licores, produtos gourmet e, por suposto, viños da terra locen nos estantes de Bodegas Barral. En Galicia contamos con cinco viños con denominacións de orixe, os viños galegos gustan cada día máis e teñen unha ampla presenza na oferta de Barral. Unha oferta que conta tamén coa indiscutible calidade dos nosos licores así como a oferta de coidados produtos gastronómicos galegos. Ademais da calidade dos seus produtos, as vantaxes das tendas locais son infinitas. Unha das máis importantes é o asesoramento personalizado. A atención que nos ofrecen os establecementos de proximidade é única e  temos que coidala.