“Eu nunca quería beber, ao final tíñalle medo ao alcol”

Programa: 
Onda ODS

O Grupo 24 horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra cumpriu sete anos neste 2023 facendo unha grande labor social.

“Dar información do propio alcohólico, compartir as experiencias do sufrimento que vivíamos e falar do que se fai nun grupo de alcohólicos anónimos para deixar de beber”, o alcoholismo é unha enfermidade non é un vicio. Así o relata Manuel.

O cambio de Manuel foi radical tras coñecer este grupo. Iso si, recoñecer a existencia do problema é prioritario para saír adiante. Miguel recoñece que o alcohol é moi traizoeiro e ao final todo se converte nun sufrimento. Grupos coma este son una luz no camiño, Miguel ten claro que funcionan.

O alcoholismo é unha enfermidade que non entende de sexos nin de clases sociais. María deixa claro que ela nunca quería beber pero hai algo superior que cho impide. “Eu nunca quería beber, ao final tíñalle medo ao alcol”, afortunadamente, Alcohólicos Anónimos salvoulle a vida.