A antesala luminosa

Programa: 
Club de lectura

A publicación das novelas de Antonio Tizón (A antesala luminosa e Un home estrano) debía supoñer unha convulsión no sistema literario galego. Anunciase a saida da terceira da serie para setembro de 2019. Pola súa orixinalidade e calidade literaria, o autor sobe aos altares da novela negra utilizando o xénero como vehículo de crítica social.
Trátase de novela policíaca, negra ou criminal, pero tamén de suspense. Dúas tramas repártense os capítulos pares e impares. O protagonista da novela principal Gustavo Gallego fala das inquedanzas que se lles plantexa aos escritores ante as súas obras. “Quedei espido por completo” afirma o escritor Antonio Tizón que tamén agarda que as súas novelas aporten información de valor sobre desordes mentais, esquizofrenia e trastornos bipolares. A ansiedade, depresión e o padecemento revelan que as doenzas neurolóxicas “son unha merda”. Tizón tamén se dirixe aos xornalistas: “Debemos ser críticos co poder, ainda que non poidamos derrubalo. Se o poder nos bombardea, nos manipula co seu discurso máis intelixente, fagamos nós máis intelixente o noso discurso contra o poder”.