Ao sur da liberdade. Henrique Costas

Programa: 
Club de lectura
Fotografia Xan Xe

Marwan “O galego” é un personaxe cativador, unha especie de pirata que se alliou con cristiáns e musulmáns. Puxo en apuros ao emirato de Córdoba en máis dunha ocasión. Marwán, o seu pai e o seu avó protagonizan a triloxia de Henrique Costas que comeza coa novela “Ao sur da liberdade”. O avó foxe de Galicia para escapar do castigo a un crime, a morte dun freire do mosteiro de Samos.

 

Ana Santiago, Antonio Tizón e Henrique Sanfiz conversaron con Henrique Costas no club de lectura de Radio Fene Radiofusión sobre a novela "Ao sur da liberdade"

Fotografía Xan Xe