Asombrario de Ana Varela

Programa: 
Club de lectura
Ana Varela no Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

Xohana Torres lembroulle ás mulleres que non abondaba con ter “un cuarto propio” senón que se precisaba tamén vontade liberadora, capacidade para atravesar vidros e derrubar montes. Ana Varela (Asombrario. 2018) apela a Virginia Woolf e fala da necesidade dese espazo pero tamén dunha rede de xente que axuda a manter a independencia.

“Na obra poética hai inocencia, pero tamén hai algo de ti, do teu xeito de mirar o mundo,  ainda que non sexa un texto marcadamente intencional” indica a escritora que reclama tamén “momentos de pausa para non afastarnos da natureza, da observación e das persoas”.

Asombrario, de Ana Belén Varela Miño é un diccionario de asombros. A autora, con sutileza, elegancia e fluidez, “pon en valor a propia palabra, o propio corpo da palabra, o que significa en sí mesma” afirmou o xurado do Certame de Poesía Francisco Añón no ano 2017 ao concederlle o primeiro premio. Varela cita á escritora canadiense Anne Carson;"No fondo do océano hai unha capa de auga que nunca se moveu".