Chegou o momento de reconciliarnos coa natureza.

Programa: 
Onda ODS

A Comisión Europea estableceu en 2019 , O Pacto Verde Europeo, un conxunto de propostas para facer de Europa o primeiro continente climáticamente neutro en 2050, impulsando a economía, mellorando a saúde e a calidade de vida dos cidadáns, protexendo a natureza e non deixando a ninguén atrás.

O Pacto Verde Europeo aumentará o benestar e mellorará a saúde dos cidadáns e das xeracións futuras propoñendo:

-Aire fresco, auga limpa, chan saudable e biodiversidade.

-Edificios renovados e eficientes dende o punto de vista enerxético.

-Alimentos sans e asequibles.

-Máis transporte público.

-Enerxía máis limpa e innovación tecnolóxica de vangarda.

-Produtos máis duradeiros que poden repararse, reciclarse e reutilizarse.

-Empregos con perspectivas de futuro e formación con capacidades para a transición.

-Unha industria competitiva e resiliente a escala mundial.

Dar a coñecer o Pacto Verde Europeo entre a cidadanía; transmitir a relevancia da transición ecolóxica e as propostas da Comisión Europea para lograr a neutralidade climática en 2050; dinamizar a información europea no territorio da provincia, aproximando as fontes de información europea á poboación rural; e fomentar o debate europeo no entorno rural para potenciar a súa participación activa na toma de decisións de proxecto europeo son os obxectivos da Exposición ‘Pacto Verde Europeo’. 

A exposición Pacto Verde Europeo naceu no ano 2021 e consta de 12 paneis en 6 expositores ecosustentables, con mensaxes clave sobre as medidas que contempla o “Pacto Verde Europeo” nas seguintes áreas: Neutralidade climática, Enerxía, Industria, Construción, Mobilidade, Da granxa á mesa, Biodiversidade e Contaminacións 0.

A mostra tamén ten unha dimensión interactiva con "A Aventura do Pacto Verde Europeo", un escape-room virtual destinado á infancia e mocidade, ao que se accede a través dun código QR.

O cambio climático, a perda da biodiversidade sen precedentes e as enfermidades infecciosas están a mandarnos unha mensaxe clara: Chegou o momento de reconciliarnos coa natureza.