Dentes de Coello. Paula Carballeira

Programa: 
Club de lectura
Fotografía: Xan Xe Corral

Os terrores nocturnos cobran vida na última obra de Paula Carballeira. Dentes de coello é o título do seu novo libro galardoado co IV Premio Laudamuco de Textos Teatrais. A través dunha misteriosa viaxe polo monte, a escritora fenesa propón unha reflexión sobre a nosa sociedade, en relación cun tema de importancia para a mocidade: os videoxogos. Paula Carballeira considera que as fronteiras entre público adulto, mozo e infantil ao mellor non están tan definidas. Por iso en “Dentes de coello” intentou plantexar varios niveis de lectura. 

Da mestura interxeneracional, dos medos transmitidos a través dos contos e de toda a realidade que envolve Dentes de Coello conversamos coa propia Paula Carballeira no Club de Lectura de Radiofusión.