Doe na alma

Programa: 
Vilanova

O suicidio dunha muller de 32 anos despois de que os seus compañeiros de traballo na empresa IVECO difundiran un vídeo de contido sexual protagonizado por ela mesma, chamou a atención dos medios e a do psicólogo José Barcia que hoxe fala deste caso no espazo Vilanova. Barcia califícao de dramático final que demostra que non estamos tan avanzados no século XXI en temas sexuais como cremos. O ocurrido debe levarnos a unha reflexión profunda. Se esta muller en vez de matarse se atiborrase a pilulas, non saberiamos o que pasa. Tivo que suicidarse para que coñeceramos o comportamento dos compañeiros/as de traballo aos que ela lles pediu que parasen coa difusion do vídeo. A falta de empatía foi total.