Eli Rios: "Os novos contos de fadas estannos matando"

Programa: 
Club de lectura
Eli Rios no club de lectura de Radio Fene Radiofusión

Eli Rios tamén defende a recuperación “de redes de afectos e de apoios que nos poden axudar a saír dun momento de crise”. No mundo tradicional dábaselle ao veciño pementos e patacas cando había, e tamén el viña axudar cando se recollía o millo, pero todo iso rompeuse coa urbanización e a globalización.  

“Cando todo pasou é moi fácil mirar atrás e decatarse dos erros. Cando ves as cousas na pel doutra persoa, tamén. O difícil do conto é actuar desde dentro de ti mesma no momento en que as historias acontecen”.
Comeza así o libro de Eli Rios “Remexido de patacas”.
En “O ceo das reixas” fala da invisibilización, dos silencios, da violencia e da linguaxe que constrúen cadeas imperceptíbeis arredor das mulleres. En “Remexido de patacas” propón unha receita, como forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade.