"Eu non me evado, nin axudo a ninguén a evadirse" afirmaba Cunqueiro

Programa: 
Club de lectura
Club de lectura de Radio Fene Radiofusión

“Xentes de aquí e dacolá” forma unha triloxía con “Escola de menciñeiros” e “Os outros feirantes”. Son retratos de personaxes nos que o escritor mistura o humor, a fantasía e as lendas. E neses retratos, Galicia está moi presente. A intención última de Cunqueiro é encantar coas palabras como o encantador de serpes coa frauta. Para él a parte dos soños da persoa, é tan decisiva e importante como as outras parcelas da vida humana.