Exercicio físico contra a fatiga oncolóxica

Programa: 
Onda ODS
Por máis vida. Carreira da muller da Coruña. 2018

A asociación oncohematolóxica Por+Vida de Fene ofrece apoio e asesoramento a persoas que teñen cancro e ás súas familias.

A fatiga é o efecto secundario máis frecuente do tratamento do cancro. É posible que os tratamentos contra o cancro, como a quimioterapia, a radioterapia, a terapia hormonal, o transplante de medula ósea e a inmunoterapia, causen fatiga. A fatiga é tamén un síntoma común dalgúns tipos de cancro. 

Diante desta situación, Por+vida loita iniciou un programa de actuación fronte ao cancro a través da ximnasia e o exercicio; así, contan cun programa de exercicio físico, ‘Educación Física contra a Fatiga oncolóxica’, para as persoas que padeceron cancro. Unha experiencia moi gratificante que naceu dunha idea entre o Concello de Fene e o profesor de Educación Física, José Barcia.

Ademais a Asociación ofrece charlas e formación en moitos temas. Unha das máis relevantes foi a charla, “Eutanasia e Testamento Vital”, sobre sobre o dereito de toda persoa a dispoñer con liberdade do seu corpo e da súa vida e a elixir libre e legalmente o momento e os medios para finalizala. A charla realizouse a través da asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia.

O presidente galego da Asociación DMD Galicia, Miguel Anxo García Álvarez, falou da nova lei de Eutanasia e do Testamento Vital, de como facer para formalizar a nosa vontade de xeito legal, do rexistro galego... e de todo o referente ao tema obxecto da charla.