HS1167

Programa: 
Higher Street

Programa 1167 de Higher Street, con tres puntos de atención.

De primeiro, a emoción que mana da gravación realizada o 21 de Nadal de 1950, e na que Charlie Parker xuntouse con Machito en plena efervescencia do jazz afrocubano en Nova Iork. Baixo a produción de Norman Granz, reuníronse tamén  Buddy Rich, Flip Phillips e Harry Edison para dar forma a esta idea de fusión do implacable jazz coa enérxica fusión cubana que resultou, porén, no disco The Latin Bird, asinado por Parker, e reluce con todo o esplendor no quinto corte do mesmo, Afro Cuban Jazz Suite.

En segundo lugar, terceira parte do proxecto de Dj Tiger titulado iLLmatic Soul, no que mestura instrumentais de Pete Rock coas voces do mítico disco Illmatic de Nas. As dúas primeiras partes atópanse na edición 1147 de Higher Street.

E final londinense con dúas novidades en clave electrónica, comezando con tamén dúas revisións de sendos temas incluídos no traballo debut da sensacional Bryony Jarman-Pinto para Tru Thoughts, e rematando coa séptima referencia do dj e productor Romaal Kultan para o selo Tiff's Joints.

[Charlie Parker & Machito & His Orchestra - Afro Cuban jazz suite]

+

[Dj Tiger - iLLmatic Soul 3]

+

Bryony Jarman-Pinto - Saffron yellow (Jesse Fischer remix)

Bryony Jarman-Pinto - All about life (Wonky Logic remix)

Romaal Kultan - Step inside

mixcloud.com/HigherClub1997/higher-street-1167

hearthis.at/higherstreet/higher-street-1167

https://bit.ly/2TAdwNF