HS1168

Programa: 
Higher Street

Programa 1168 de Higher Street, no que viaxamos case case cinco anos atrás no tempo para recuperar un programa perdido, o que competiu co 929... e perdeu.

Para este espazo inédito seleccionabamos música do disco debut de Ghost Writerz, o sinxelo SOLA de El Chavo para Molts Records e mailo EP Possessed do londinense Wrongtom coas colaboracións de Tippa Irie, Ragga Twins, JC Lodge, Deemas J e Desta Zion, baseado no riddim Suzy Hangs Out que xa se pode atopar no seu clásico traballo In East London de 2012...

Tras unha primeira parte reggaemática, completamos o programa con tres voces femeninas; en primeiro lugar, Nicole Willis con The Soul Investigators e o seu, por aquel entón, novo sinxelo, One In A Million, adianto do seu quinto disco, Happiness in Every Style, terceiro para Timmion Records. A continuación, dúas revisións en clave edit de Scrimshire sobre sendos clásicos de Margie Joseph, e rematamos en clave deep house coa británica Natasha Watts. Rewind ata 2015... e rescatamos este agochado tempo de radio

Ghost Writerz - Over over

El Chavo - S.O.L.A. (Arise Sound System dub)

El Chavo - S.O.L.A. (Sr Wilson dub)

El Chavo - S.O.L.A. (Chalart 58 dub)

El Chavo - S.O.L.A. (Badalonians Sound dub)

Wrongtom [Possessed EP]

Nicole Willis The Soul Investigators - One in a million

Scrimshire - Margie moves mountains

Scrimshire - Margie's love edit

Natasha Watts - Good love