HS1169

Programa: 
Higher Street

Programa 1169 de Higher Street, que abre coa primeira parte, de catro, das que se compón a célebre Suite composta por Ornette Coleman, en principio para a película de igual título dirixida por Conrad Roots, pero que ao final resultou unha peza en sí mesma debido, en palabras do propio director, a que a beleza inherente da música podía restar valor á forza da película; trátase asimesmo dunha obra mestra da direción orquestal de Ornette Coleman, gravada entre os días 15 e 17 de xuño de 1965 en Nova Iork xunto a un grupo de músicos entre os que se atopaban Pharoah Sanders e Charles Moffett, para o selo Columbia Records.

A seguinte parada lévanos 24 anos atrás, ata a publicación do segundo disco do grupo sueco de acid jazz Blacknuss, exitosos na década dos 90. Do seu traballo Allstars de 1996 recuperamos algunhas das pezas mais relevantes e que, aínda co paso de todo este tempo, todavía siguen mantendo a forma, vibrantes e sonoras.

E para rematar, do pasado ao futuro presente, co traballo mais actual de Will Holland aka Quantic, o multinstrumentista e productor británico que gusta de remexer en sonidos paradisiacos para obter esencias únicas aínda que, todas elas, tamizadas co seu toque único e persoal, electrónico e orgánico. A finais de 2019 chegaba Atlantic Oscillations, un disco para Tru Thoughts do que, pouco despois, apareceron algúns remexos que serán os que leven toda a nosa atención.



[Ornette Coleman - Chappaqua Suite Part I]

+

[Blacknuss - Allstars]

Blacknuss - Dinah feat. Stephen Simmonds, ADL, Richie Pasta & Muladoe

Blacknuss - Seventh heaven feat. Titiyo

Blacknuss - Blacknuss blues

Blacknuss - Last night a dj saved my life feat. Nai-jee-ria & ADL (C&J mix)

+

[Quantic - Atlantic Modulations (remixes)]

Quantic - September blues (Dan Shake remix)

Quantic - Orquídea feat. Sly5thAve (Sampology remix)

Quantic - You used to love me feat. Denitia (Selva remix)

mixcloud.com/HigherClub1997/higher-street-1169

hearthis.at/higherstreet/higher-street-1169

 

https://bit.ly/3gK10F5