HS1172

Programa: 
Higher Street

Programa 1172 de Higher Street, no que rematamos de escoitar a Suite Chappaqua de Ornette Coleman, coa súa cuarta e definitiva parte. Lembremos que, en orixe, esta obra de 80 minutos foi creada por Ornette a petición de Conrad Brooks, quen pensaba que sería axeitada para a sú cinta Chappaqua. Brooks pasara catro anos percorrendo o mundo para gravar esta película agora de culto, na que participan o intrigante Moondog, os beats Allen Ginsberg e William S Burroughs, Ravi Shankar, o propio Ornette Coleman, a lenda do teatro francés Jean-Louis Barrault e o mesmo Conrad Brooks, xa que a historia reflexa a realidade das súas experiencias coas drogas. A trama é simple: o Sr. Rooks viaxa a París para desintoxixcarse, e a esencia da imaxe é todo canto pasa pola súa mente mentres está alí: recordos, fantasías, desexos, repulsións, soños bos e malos, todo canto o seu inconsciente pode desenterrar... E ahí encaixaba o free jazz de Coleman á perfección... ata que este creou unha peza tan grande que non cabía no óco que Rooks tiña previsto.

Seguido, escoitaremos material novo de Native Dancer tras seus anteriores dous EP's e mailo disco de remixes de 2017. Autoproclamados coma o fillo enfadado de Beyoncé e Weather Report, aportan agora elementos psicodélicos e jazzeros sen esquecer o punto soul que os caracteriza. Native Dancer son Frida Touray, Sam Crowe, Jonathan Harvey e Josh Arcoleo, todos eles coñecidos por ter colaborado con grandes artistas, pero que xuntos conforman este talentoso proxecto que aquí presenta Currents.

Pola súa parte, dende Italia chega Stefano Tamborrino co disco debut do seu alias Don Karate, traballando sensibilidades tímbricas co vibráfono de Pasquale Mirra, o baixo de Francesco Ponticelli e o propio Stefano en batería e voz, elaborando unha atmosfera cinemática electrónica, con aires de hip hop, melodías hipnóticas e un amplo universo sónico.

Rematamos co álbum recopilatorio Form Is A Vision, presentado por Gifted Culture como unha colección de música unificada baixo o mesmo punto de vista, pero non coa mesma forma, e no que participan artistas electrónicos visionarios, tales como o neoiorquino Afrikan Sciences, os israelíes de Haifa Juju & Jordash, o grupo italoamericano Hobby Horse e o trío parisino WHere is Mr R?!, ademais dos encargados da compilación, os productores italianos Autre e Two Thou.

[Ornette Coleman - Chappaqua Suite Part IV]

+

Native Dancer - Currents

+

[Don Karate - Don Karate]

Don Karate - Ice age

Don Karate - I wish

+

[Form is vision]

Where Is Mr R?! - Mercixav (Autre rework)

Two Thou - Mantra in four fifths

Hobby Horse - In the valley (Gifted Culture mix)

Juju & Jordash - Sneaky lil melody

Autre - Time in a cage

Afrikan Sciences - Sock on sock off