HS1174

Programa: 
Higher Street

Programa 1174 de Higher Street que comezamos continuando, en certo modo, aquela Afro-Cuban Jazz Suite de Chico O'Farrill con Charlie Parker gravada en 1950 e que soaba na nosa edición 1167. Nesta ocasión, 25 anos despois regresa O'Farrill para arranxar e dirixir un traballo no que reúne a Dizzie Gillespie e Machito coa intención de re-producir aquela histórica gravación e, de paso, continuar expandindo a súa idea lexendaria de combinar a complexidade rítmica coa oscuridade africana, engadindo a todo iso os cambiantes modismos do jazz afroamericano. A música de "Oro, Incienso y Mirra", suite titulada tamén "Tres estados de ánimo de jazz afrocubano", transmite a sensación de misterio que a música africana terá para sempre nos corazóns de quenes a escoiten.

Tras esta obra mestra no latin jazz, facemos pausa no cuarto disco do septeto Ephemerals, The Third Eye, publicado a principios de ano a través de Jalapeno no que continúan a súa idea de combinar jazz spiritual, psicodelia, spoken word, funk, poñendo como límite a exploración de territorios sonoros pouco ou nada explorados.

Pero se falamos de investigación musical, o proxecto Gawd Status de King Kashmere e Joker Starr non queda atrás en absoluto, aínda que aquí as atmósferas electrónicas e psicodélicas se combinan coas posibilidades orgánicas e fórmulas clásicas da música do hip hop.

E para o final, a Gin Tonic Orchestra, unha idea francesa de Victor Dijoud e Leo Puccio na que mesturan jazz futuro con latin vibes e a intensidade sonora dos broken breats. Contan, ademais, cun grande do xénero, Kaiti Tatham, como remixer de excepción nun dos cortes de este seu segundo EP para o selo Mother Tongue.

[Dizzy Gillespie y Machito - Oro, incienso y mirra (Three-Afro-Cuban jazz moods)]

+

[Ephemerals - The third eye]

Ephemerals - Poly

Ephemerals - Origin

Ephemerals - Rising

Ephemerals - Blur

+

[Gawd Status - Firmamentum]

Gawd Status - Heavy metal

Gawd Status - Messiah hybrids

Gawd Status - Amplified science feat. Anyway Tha God

Gawd Status - The alchemist feat. Fae Simon

+

Gin Tonic Orchestra - Hands on the drums (Kaidi Tatham remix)

Gin Tonic Orchestra - Get a umbaye (Raw mix)