HS1177

Programa: 
Higher Street



Programa 1177 de Higher Street, no que soará ao principio outra obra cumbre de Vangelis, a que pecha o capítulo iniciado coas dúas partes de Hyphotesis. Agora é The Dragon, un traballo gravado no mesmo contexto que o resto do material, pero cunha temática diferente, mudando o jazz electrónico polo folclore cibernético.

Chega despois o colectivo británico Pieces Of A Man con dous remexos de sendos temas incluídos no seu disco debut, Made In Pieces, e seguirá a estrela canadiense Tanika Charles con algo de soul máis tradicional para Record Kicks.

A parte electrónica contemporánea do programa abrirá con Masaaki Yoshida, aka Anchorsong, o nipón afincado en Londres e que presentou o seu terceiro disco, Cohesion, a través de Tru Thoughts. A el seguirá o italiano Khalab, todo un especialista en fusionar ritmos africanos con electrónica en persecución da súa habitual estética afrofuturista.

[Vangelis - The dragon]

+

[Pieces Of A Man]

Pieces Of A Man - Climb down (POAM remix)

Pieces Of A Man - Grits

Pieces Of A Man - Listen

Pieces Of A Man - Nothing to lose (Reprise)

Pieces Of A Man - Nothing to lose (Zed Bias remix)

+

Tanika Charles - Tell me something

+

Anchorsong - Majesty (Sandunes remix)

Anchorsong - Rasgueado

+

Khalab - Dense (Batida remix)

Khalab - Bafia (Bodycode presents RANGr remix)

https://bit.ly/2P3ejUp

mixcloud.com/HigherClub1997/higher-street-1177

hearthis.at/higherstreet/higher-street-1177