Informativo 10-12-2018

Programa: 
Informativos de Radio Fene

A banda da Loba actuará en Fene o vinteoito de decembro. O concerto forma parte do ciclo Nadal en Rede e terá lugar no local da asociación O Pote de Maniños. Retomamos as novas tras a ponte da Constitución en Radio Fene. Hoxe abrimos o informativo co último pleno do ano de caracter ordinario. Acabou bronco polo encendido debate entre PP e BNG ou entre o actual alcalde Gumersindo Galego e o anterior, Juventino Trigo.