Informativo 15-11-2018

Programa: 
Informativos de Radio Fene

O Concello de Fene conclúe os traballos de renovación de todas as lámpadas do alumbrado público do barrio de San Valentín, unha intervención que permitirá reducir a contaminación lumínica, rebaixar a factura e mellorar o servizo. Unha intervención orzamentada en 47.333,66 euros, partida que está subvencionada ó 60% pola Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.