Informativo 17-12-2018

Programa: 
Informativos de Radio Fene

A corporación de Fene reunirase nun pleno urxente e extraordinario o mércores ás 8,30 da mañá. Unha sesión na que se pretende aprobar o Plan de Obras e Servicios para o 2019. Tranquila e emocionada amosouse a concelleira do BNG de Fene, Mariela Aguilar, ao sair do xulgado onde declarou esta mañá diante da xuiza polo sucedido no pleno do 26 de outubro de 2017, cando o PP e Somos Fene presentaron a Juventino Trigo unha moción de censura.