Informativo 23-11-2018

Programa: 
Informativos de Radio Fene

Pasado por auga ven este venres negro, o black friday, tan anunciado. O centro de Ferrol poralle un pouco de cultura a tanta compra teledirixida e o Centro Comercial de A Magdalena organiza unha visita guiada polo modernismo do barrio ferrolán, que sae ás cinco da tarde do Teatro Jofre. Unha charanga, batucada e unha banda de música animarán as rúas dende as seis da tarde.