Informativo 30-11-2018

Programa: 
Informativos de Radio Fene

Como debe ser, a recreación da Esfollada en Maniños, vai acompañada de foliada. As cantareiras Bolboreta de Barallobre cantarán marcando o paso do traballo. A Festa de recreación da esfollada comenza hoxe venres ás 20,30 horas no muíño do Pombal, por iniciativa da asociación etnográfica AETNA. Ao lume poranse por un lado as papas e por outra a tixola onde se fan as bolas que acompañarán de liscos. De sobremesa non faltará a bola de ovo da panadería O Cruce de Maniños.