Liberdade condicional

Programa: 
O ofício de escrever

No mes de maio de 1941 Ricardo Carvalho Calero sae do cárcere en liberdade condicional e instálase en Ferrol coa súa familia por un período de dez anos, o tempo que lle resta para cumprir a pena. Unha das condicións desa liberdade é que non poderá saír da cidade. Unicamente houbo unha excepción, o permiso para viaxar a Lugo e asistir ao enterro do seu sogro. Outra condición era presentarse na cadea cada primeiro de mes. Foron tempos difíciles para o profesor ferrolán pola situación política e persoal. A través de amizades que tiña na súa cidade natal pode empezar a dar clases en colexios privados medio clandestinamente, en condición precarias e escaso salario. Paradoxalmente nesta etapa, nos anos corenta, Carvalho escribe moito “quizás como liberación interior, sen esperanzas de publicar” afirma o seu biógrafo Martinho Montero. Pouco a pouco a finais da década empézase a publicar en galego. No 1949 Carvalho Calero publica numerosos artigos de crítica literaria baixo o pseudónimo de “Fernando Cadaval”. 1950 será un ano decisivo para o escritor ferrolán. A súa vida da un novo xiro do que falaremos na seguinte entrega.