A lo lejos. Hernán Díaz

Programa: 
Club de lectura
Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

Para o profesor da Universidade de Chicago, Noel Blanco, o traballo estilístico preciso no uso da linguaxe é un dos méritos de "A lo lejos".  A Hernán Díaz, non lle gusta Cormac McCarthy, o escritor definido como “un gregario solitario”: “Síntome máis próximo á literatura de Henry James” que usa a técnica do punto de vista, que lle permite a análise psicolóxica dos personaxes desde o seu interior.
"A lo lejos" funciona a diferentes velocidades. Hai momentos nos que parece unha novela de aventuras e outros nos que se aproveita a lentitude do tempo. Unha novela é tan sólida como a súa peor oración. “Tómome cada oración moi en serio e non me permito pasar a próxima oración ata que me dou conta de que a frase anterior xa está gañada para a novela” indica o escritor nacido en Buenos Aires en 1973
Un dos núcleos da novela é o efecto moral da violencia. O protagonista vese obrigado a cometer un acto de violencia, e iso o esnaquiza moralmente. A súa personalidade estala e non logra reconstituírse. Iso é fundacional da cultura norteamericana, o vixilantismo, a idea do xusticeiro. “Quero tomar esta violencia con seriedade” apunta Díaz.
“Interesábame reducir a vida do protagonista a un corpo en movemento. Quitarlle a linguaxe, o manexo do tempo, a percepción do espazo. Son cousas básicas que nos definen como seres humanos”. Pregúntase o escritor que traballa na actualidade para a Universidade de Columbia: Que ocorre se a unha persoa a despoxamos de todas esas cuestións?
Un dos grandes temas da novela é a pérdida, o abandono. Nada se recupera no texto. Iso xerou problemas narrativos interesantes. Sempre é un bo momento para aprender o que a piedade verdadeiramente representa. A dor do outro tornase invisible e trivial e as redes sociais acrecentan iso.
La República mundial de las letras, de Pascale Casanova (O país da literatura non é a illa encantada das formas puras, é un universo en continua transformación)  falaba de autores bilingües. O protagonista de "A lo lejos" é un inmigrante que se ve desprovisto da palabra. "O meu cosmopolitismo e a peripecia de Hakan responde a un libro que é tamén unha autobiografía cifrada e codificada" manifesta o autor da novela, finalista do Pulitzer en 2018.
"O protagonista non fala inglés e non entende nada do que sucede ao seu redor, e o narrador tampouco entende, e esa non é unha experiencia propia" indica Hernán Díaz que confesa unha certa relación amorosa co inglés. "Hai escultores que traballan en madeira, mármore, bronce e para min a lingua ten esa dimensión material, e o inglés ten o corpo, densidade e peso que a min me presta" sinala o autor da novela traducida ao español por Jon Bilbao e editada por Impedimenta. No clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, falaron con Hernán Diaz sobre "A lo lejos", Maite Martinez, Andrés C.M.Riveira, Noel Blanco e Henrique Sanfiz.