A ludopatía en Vilanova

Programa: 
Vilanova

Será un precedente do Real Decreto sobre o xogo en España. Consumo ven de prohibir a publicidade do xogo online á vista do incremento producido a causa do confinamento da poboación durante a alarma sanitaria. O psicólogo José Barcia explica que ese aumento débese a que vivimos unha limitación da nosa liberdade. Esa limitación sempre acrecenta, acentúa os rasgos e comportamentos humanos. Pon un exemplo, os programas como Gran Hermano no que a xente está confinada nunha casa sen poder sair. As conductas esaxéranse, agrándanse. O mesmo ocorre coa xente depresiva, violenta… En España xa había un problema co xogo antes do Covid19, asegura Barcia. As organización que loitan contra a ludopatía xa denunciaban desde hai tempo a situación. Un problema que, segundo José Barcia, afecta a todas as edades e sexos. Nas tragaperras xogan todos e nas apostas online os máis xóvenes.Como en calquer outro trastorno aditivo a víctima so vive para iso, para o xogo, desatendendo todo o demais, familia, amigos, traballo…Minten, acaban endeudándose e, aínda que o intentan, non poden deixalo.