Memoria das cousas perdidas. Andrés C.M. Riveira

Programa: 
Club de lectura
Memoria das cousas perdidas no clube de lectura

Inclúe textos que levan escritos dende o 2003, pero que foron sufrindo cambios ao longo destes anos. Neste novo libro atopamos poemas que van dende o ámbito máis persoal e romántico ata o social.

Á hora de falar dos seus referentes literarios, Andrés sinala que é imposible para el escoller tan só uns cantos nomes pero confesa que ten máis afinidade cos narradores que cos poetas.

O autor anima aos lectores a consultar tamén o seu blog bolimorado.blogspot.com para achegarse aos seus textos. “Memoria das cousas perdidas” é unha obra, en palabras de Riveira, feita para desfrutala de a poucos.