O infarto de Casillas

Programa: 
Vilanova

Unha falsa idea de invulnerabilidade exténdese na nosa sociedade." Parécenos que temos todo controlado" explica o psicólogo José Barcia no espazo Vilanova de Radio Fene. Fala da sorpresa xenerada tras o infarto de miocardio sofrido polo porteiro do Porto Iker Casillas. Antecedentes familiares, tabaquismo, obesidade, colesterol alto, sedentarismo, actividade deportiva intensa sen control, son factores de risco. “Pero tamén hai situacións imprevisibeis” segundo lembra José Barcia. O médico do Porto explica por que o infarto de Casillas era imprevisible. "Era totalmente imprevisible, sen factores de risco cardiovasculares e sen historia familiar de enfermidade cardíaca en idades precoces", explicou o doutor Nelson Puga.