O poder do mito de Castelao

Programa: 
Club de lectura
Miguel Anxo Seixas, biógrafo de Castelao

O lapis é a sinxela arma que posúe para cazar o visible, o oculto e o imaxinable. Axudado da súa rápida destreza e polo estilo adquirido, capta a cousa que ve. Castelao coa súa arte fai que o papel cego vexa o que el ve. O escritor naceu en Rianxo (1886)  un ano despois da morte de Rosalía de Castro, pero o poder do mito de Castelao, finado hai case sete décadas, é aínda maior que o da autora de Cantares Gallegos. Explicar ese mito é unha das chaves da biografía de Miguel Anxo Seixas. O mito de Castelao ven da súa acción política, convertido nun modelo ideal de compromiso co país, honestidade e entrega ás conviccións: persecución, exilio e morte incluídas, segundo o catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto. 

Conversa con Miguel Anxo Seixas sobre a biografía de Castelao

http://173.255.131.18/audio/031019SEIXAS.mp3