Os seres queridos. Berta Dávila

Programa: 
Club de lectura
Berta Dávila con Antonio Tizón e Henrique Sanfiz

“É complicado escribir novelas de temas que están moi presentes no debate social. Eu pretendía contar una historia individual que se centra no conflito identitario da protagonista. Todos os temas poden ser susceptibles de dar unha boa novela, para a escritora Berta Dávila. O feito de que se cuestionen os construtos sociais sobre a maternidade neste libro é en realidade unha consecuencia na lectura e non unha intención á hora de escribila”. Os Seres Queridos recorda o poder de elección que teñen as persoas en determinadas decisión das vidas. Dávila trata o tabú do aborto falando tamén a través da linguaxe infantil afastada da “linguaxe normal con palabras normais ou común”. Non cre que o dereito ao aborto sexa un dereito garantido e de feito en amplas zonas galegas "é difícil exercer ese dereito na sanidade pública", apunta. A autora compostelá concibe a literatura como unha mirada ao mundo como se non fose visto antes e co feito de redescubrilo tal e como o neno descobre a linguaxe.