Patti Smith é todo un referente, afirma Anna R.Figueiredo

Programa: 
Club de lectura
Anna R.Figueiredo, autora de Os bicos feridos

O xurado do Premio Viadutos salientou a orixinalidade dos temas tratados na novela, a depuración de seu estilo "poderoso e por veces lírico", "a utilización da ironía e a personalidade das voces" e tamén a complexidade da trama. "Os bicos feridos" narra a historia dunha moza emigrante en Londres. Nela vanse debullando temas como a importancia das redes sociais, as relacións familiares e a maternidade, a soidade nas grandes cidades ou o medo á morte. En torno aos Bicos feridos falamos no club de lectura de Radio Fene Radiofusion. Esther Val, Andrés C.M Riveira e Henrique Sanfiz conversaron coa escritora.
A moza Olivia  tras formarse academicamente con brillantez ten que emigrar a Londres. Figueiredo retrata na novela "Os bicos feridos" unha personaxe de fondura psicolóxica. O argumento une varios fíos: as migracións contemporáneas, a soidade nunha gran cidade como Londres ou a irrupción das redes sociais nas nosas vidas.