A personalidade do deportista en Vilanova

Programa: 
Vilanova

Pep Guardiola confesou o seu segredo á hora de fichar a un xogador, observar a súa personalidade. A raíz desta confesión o psicólogo deportivo, José Barcia, comparte con nós que hai poucos estudos que certifiquen que os equipos fagan isto de forma sistemática pero coincide con Guardiola en que todos os xogadores teñen as súas habilitades técnicas, pero non todos teñen a mesma mentalidade. “Seguramente a diferencia márcaa como son, a súa personalidade”. En que se traduce isto? En como reaccionan cando as cousas van mal, cando o entrenador non conta con eles, cando o público é hostil, cando perdes o partido da túa vida… Esa é a gran diferencia entre uns e outros. Para Guardiola iso é o que marca a diferencia e para Barcia iso é o que, desde o punto de vista formativo, debera terse en conta. Tamén é verdade que a personalidade por si soa non da o éxito. “É un punto máis a ter en conta porque hai moitos factores que non podemos controlar, factores que inflúen máis aló do propio xogador”.