Resiliencia

Programa: 
Vilanova

Escoitamos a palabra “Resiliencia” de pouco para aquí. Un vocablo novo que non sabemos moi ben que significa. Para iso está José Barcia e o espazo Vilanova onde falamos hoxe do significado e da relevancia desta situación que ten que ver coa autoestima, coas conexións afectivas, co control da nosa vida e co pensamento positivo.

Falou Barcia da “curva do cambio” xa sexa este escollido ou sobrevido. Remitíndonos á obra “Héroes cotidianos” de Pilar Jericó, describe as fases polas que hai que pasar desde que saímos da zona de confort ata que nos propoñamos novos retos, pasando polos medos e pola travesía do deserto.