RUMBOIA 102: Os Minhotos – Pinga D´Auga

Programa: 
Rumboia

Os Minhotos editan no ano 2013 o seu primeiro disco Pinga D´Auga. Unha proposta musical instrumental que recolle temas nos que se mesturan os temas tradicionais cos de autor e tamén arranxos de temas recollidos nos cancioneiros. A filosofía do grupo é tratar de aportar unha pinga de auga ao mar da música galega vertendo nos ríos do son a súa estética. No momento da gravación deste disco, Os Minhotos, estaba formado por Paula Fernández, Xaneco Tubío, Alberto Castro, Bruno Villamor e Vitor Otero. Un grupo formado por persoas que sempre estiveron moi ligadas á música tradicional e ao traballo nas asociacións culturais.