RUMBOIA 104: Berrogüetto - Navicularia – 1996

Programa: 
Rumboia

Berrogüetto, grupo folk nado a mediados dos anos 90, despois da separación de Matto Congrio, de onde procedían tres dos seus compoñente: Santiago Cribeiro, Anxo Pintos e Isaac Palacín e aos que se uniría, Guillerme Fernández, Quico Comesaña e Quim Fariña. Axiña acadou Berrogüetto éxito entre público e crítica tanto en Galiza coma no estranxeiro, avalado pola traxectoria e calidade dos seus compoñentes. O seu disco de estrea foi Navicularia, (Do Fol , 1996), onde apresentaron os que ían ser os seus sinais de identidade: preponderancia da instrumentalidade e fusión da tradición galega con músicas doutras terras. Pasarían por Berrogüetto voces importantes como Guadi Galego ou Xabier Díaz. No ano 2014 disolveuse esta emblemática banda que nos deixou 5 discos e infinidade de emocións.